English plantillas curriculums vitae French cartas de amistad German documentales Spain cartas de presentación Italian xo Dutch Russian Portuguese Japanese Korean Arabic Chinese Simplified

 


 
   






Como empeza a tu pasion polo motor en xeral?

Comeza dende que eu era tan so un neno; creo que dende que teño uso de razón. Meu pai patrocinaba un par de coches da zona. Era e é un fiel afeccionado os rallyes. Pasados os anos el tamén participou en algunas probas esporádicas.

Como se tomou a tua familia , esto de participar nun rally?

Cando comecei a correr, parece que a idea non lles gustou demasiado; pero aínda así dende o primeiro momento deronme o seu apoio de forma incondicional.

Como foi o teu primeiro rally?

Tras debutar na Subida a Chantada do ano 2006 e obtendo unhas sensacións mais que positivas, tomamos a decisión de debutar en rallyes no Rally do Cocido do ano 2007 dentro da copa Driver. Aforntamolo con moitas ganas, non nos plantexábamos nin coller tempos. Pero para a nosa sorpresa, o chegar o parque pechado do mediodía, atopábamonos primeiros da copa Driver (xeral e junior). Lamentablemente, no penúltimo tramo a pouca experiencia xogounos unha mala pasada e sufrimos unha saida de pista que nos deixou fora da carreira. Foi despois de este rally cando decidimos tomarnos as cousas en serio tendo en conta sempre as nosas posibilidades respecto os nosos rivais.

Cal e o rally do campeonato galego que mais che gusta?

Sen dúbida o Rallye do Cocido.




Cal e para ti o tramo que mais che gusta do Galego?

Ponteamoas (rally do Cocido) e Verea-Quintela de Leirao (Baixa Limia na súa versión de 20 km)

Un momento de Rabia

Cando no Rally do Cocido do ano 2009 estando líderes do Volante Racc tuvemos unha saída de pista no último tramo da mañá que nos deixaba fora de carreira. Foi un momento de moitísima rabia.

Unha Anecdota

Teño varias, pero a mais graciosa sen dúbida foi o ano pasado na resistencia de Arteixo donde facíamos equipo con Fernando Rico e Rubén Gandoy. Marchábamos líderes da proba e tocaba facer o primeiro cambio de piloto; entrando en boxes ropeunos un palier. Entre os nervios e as presas pensamos que era o palier esquerdo e cambiámolo. Para a nosa sorpresa, metinme no coche, metín primera e o coche non se movía, foi nese momento cando nos decatamos de que o palier que estaba roto era o dereito. Sen dúbida unha cousa canto menos que graciosa.




Que sentiches cando estabas preparado para a saida , do teu primeiro tramo?

O que quería era que o reloxo se puxese a cero para poder salir a correr canto antes. Foi un momento moi emocionante e de moita ilusión.

Que cambiarias dos rallys do galego?

Reduciría os grandes paróns de mediodía e tamén acortaría o tempo entre tramo e tramo. Pero claro, é algo complicado tendo en conta o alto número de inscritos.
Gustaríame que deixasen facer tramos con mais Km, e tamén que as probas fosen mais largas (como en épocas pasadas).

Por que coche cambiarias o teu C2?

Por un coche que me permitise correr unha copa de promoción do nacional.

Nun futuro , que tes pensado facer?

Gustaríanos dar o salto o nacional para poder participar na Copa Suzuki Swift, pero debido o baiso presuposto do que dispoñemos intentaremos seguir correndo co noso C2 dentro dalgunha outra copa do campeonato gallego.

Unha meta a donde che gustaria chegar?

Poder correr o nacional.

Un deporte en tempo libre?

Por desgracia non dispoño de moito tempo libre para practicar outros deportes, pois teño que traballar duro para poder costearme este deporte

Quen e o teu idolo?

Teño varios, pero os que para min son os mais destacados son Walter Röhrl, Jaime Azcona e Pep Bassas

Que prefieres un rally en mollado ou en seco?

Tanto me ten, a calquera das duas maneiras se lle pode atopar o punto divertido.

Un mensaxe que lle deixarias o publico en xeral?

Que por favor fagan sempre caso as organziacións, que tomen conciencia do importante que é estar ben colocado nun rallye e que por favor deixen limpos os tramos, porque se non o facemos co tempo acabaremos perdendo ese deporte que a todos tanto nos gusta


Moitas Gracias a Fran Lago Por perder o seu tempo libre connosco

Fotografia: Nacho Carballeira
www.tensadaracing.es.tl
 

Image and video hosting by TinyPic Image and video hosting by TinyPic
Image and video hosting by TinyPic Image and video hosting by TinyPic
Siguenos en. Image and video hosting by TinyPic Image and video hosting by TinyPic Image and video hosting by TinyPic Image and video hosting by TinyPic Image and video hosting by TinyPic
 
Hoy habia 11 visitantes (17 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!

Contador web Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis